OPE: publicación relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos e se inicia o prazo para a elección de destino

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos e se inicia o prazo para a elección de destino.

Baremación definitiva e á publicación das persoas aspirantes seleccionadas, para o ingreso nas categorías de persoal estatutario:

  • enxeñeiro/a técnico/a,
  • grupo auxiliar da función administrativa,
  • técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e
  • técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Abrir un prazo de dez días hábiles, (do 8 ao 23 de abril) seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

As persoas aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún por que optasen, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Tras a finalización do prazo de selección de destinos, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) unha listaxe informativa de adxudicación de destinos.

As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría (grupo auxiliar da función administrativa e técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información) no respectivo proceso de estabilización convocado polo sistema de concurso de méritos, no caso de que resulten adxudicatarios/as de destino en ambos os dous procesos, tras a publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde prevista no punto anterior, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optaren por unha desas dúas prazas. A dita opción deberán formalizala por escrito nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

No caso de non manifestaren nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver

An Error Occurred: Internal Server Error

Oops! An Error Occurred

The server returned a "500 Internal Server Error".

Something is broken. Please let us know what you were doing when this error occurred. We will fix it as soon as possible. Sorry for any inconvenience caused.