OPE: puntuacións provisionais da fase de concurso dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) as puntuacións provisionais, correspondentes á fase de concurso, obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas seguintes categorías de persoal estatutario polas diferentes quendas de acceso, convocados polas referidas resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos:

  • Persoal sanitario facultativo: médico/a de admisión e documentación clínica e odontólogo/a de atención primaria.
  • Persoal sanitario non facultativo: enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona), enfermeiro/a especialista en saúde mental, enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
  • Persoal de xestión e servizos: técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, enxeñeiro/a técnico/a, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, grupo auxiliar da función administrativa e celador/a.

Cada persoa aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

De conformidade coa base oitava das citadas resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022, contra os resultados da baremación provisional, as persoas aspirantes poderán presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 22 de novembro ao 5 de decembro).

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas da fase de concurso que se efectuará no Diario Oficial de Galicia.

Volver