OPE: relación de persoas definitivamente seleccionadas e inicio do prazo de elección de destino
Ingreso en diversas categorías de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona), enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Abrese un prazo de dez días hábiles, do 24 de abril ao 8 de maio, para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.
Tras a finalización do prazo de selección de destinos, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) unha lista informativa de adxudicación de destinos.
As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría (nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecolóxica, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional) no respectivo proceso de estabilización convocado polo sistema de concurso de méritos, no caso de que resulten adxudicatarios/as de destino en ambos os dous procesos, tras a publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde da lista informativo de adxudicación de destinos, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optar por unha desas dúas prazas. A dita opción deberán formalizala por escrito nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
No caso de non manifestar nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas