OPE TCAEs: aspirante definitivamente seleccionados/as e inicio do prazo de elección de destino

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e se inicia o prazo para a elección de destino.

Publícase a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, polas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Publícase a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Abrese un prazo de dez días hábiles (do 25 de marzo ao 7 de abril), contados a partir do día seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes das quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral que constan no anexo III desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta Dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

As persoas aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Apróbase a relación de destinos que se ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas neste proceso, pola quenda de discapacidade intelectual.

Abrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes da quenda de discapacidade intelectual que constan no anexo IV desta resolución seleccionen os destinos ofertados, por orde de prelación, no modelo de formulario que consta en formato editable á disposición das persoas aspirantes na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A selección de destinos no dito formulario polas persoas aspirantes da quenda de discapacidade intelectual efectuarase consonte o seguinte procedemento:

a) A persoa aspirante cubrirá os seus datos persoais e seleccionará os destinos ofertados, por orde de prelación, de maior a menor preferencia.

b) Para os efectos da súa indicación no formulario, a persoa aspirante e deberá identificar os destinos polo concello onde están situados.

c) Logo de efectuada a selección de prazas, deberá asinar o formulario e presentalo nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

d) O formulario irá dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Volver