ORZAMENTOS 2024: Exiximos incremento do cadro de persoal do SERGAS

  • Mesa Sectorial
  • Orzamentos
  • Sanidade Pública
  • Taxa de reposición

CIG-Saúde EXIXE que antes da elaboración dos ORZAMENTOS do 2024, se negocie un SISTEMA IDENTIFICATIVO DO CADRO DE PERSOAL do SERGAS: fixos/as, interinos/as, temporais cubrindo prazas estruturais, temporais fóra de cadro de persoal, persoal en promoción interna, xubilacións, etc., que permita identificar as prazas estruturais e analizar as necesidades inmediatas para incorporalas xa nos orzamentos do ano 2024.

A análise das ratios do persoal de todas as categorías da Atención Hospitalaria ten que verse reflectido na consolidación de todas as prazas estruturais existentes e o incremento das prazas necesarias.

As necesidades de persoal contempladas na avaliación de necesidades da implantación das carteiras de servizos de Atención Primaria así como do Plan de Ordenación de Recursos Humanos de Atención Primaria deben figurar no incremento do cadro de persoal dos orzamentos 2024.

O obxectivo ten que ser mellorar as condicións de traballo actuais para atraer máis persoal á nosa Sanidade Pública.

Volver