ORZAMENTOS 2024: Exiximos o recoñecemento do valor do traballo das/os profesionais da Sanidade Pública
- Mesa Sectorial
- Orzamentos
- Sanidade Pública
O DOG do 7 de xullo publica a ORDE do 6 de xullo de 2023 pola que se ditan instrucións para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024. Os orzamentos do ano 2024 son unha oportunidade para que o novo Presidente da Xunta demostre se aposta realmente, con feitos, polas/os profesionais da Sanidade Pública.
DESDE CIG-SAÚDE EXIXIMOS QUE OS ORZAMENTOS DO 2024:
O COMPLEMENTO ESPECÍFICO retribúe as condicións particulares dos postos de traballo en atención á dificultade técnica, formación, responsabilidade, perigosidade, penosidade, etc.
O persoal do SERGAS percibe, pola suma do Complemento Específico máis o Complemento de Produtividade Fixa, unha contía inferior en 200 euros/mes de media, á recollida na Orde de Confección de Nóminas para o Complemento Especifico do resto das/os empregadas/os públicos da Xunta de Galiza.
A clasificación dos postos de traballo para o persoal da Administración Pública Galega recolle os niveis polo que se determinan as retribución do persoal, o intervalo de niveis para o Grupo A1 de Función Pública está entre o nivel 20 e o 30.
Os/as profesionais do SERGAS con formación de Grao de 6 anos máis 4 ou 5 anos de formación da especialidade, o nivel actual que teñen asignado é o 24. Pasar ao Nivel 26 suporía un incremento do Complemento de Destino de 135 euros/mes.
Unha parte das melloras salariais do Acordo Retributivo 2008-12 xa foron incorporadas ao acordo de melloras retributivas e de redución de xornada do 20 de abril de 2023, pero hai outra parte que aínda están pendentes, especialmente as que contemplaban unha suba salarial que beneficiaba máis aos salarios máis baixos.
Os acordos de redución de xornada para chegar á xornada equivalente ás 35 horas semanais son moi importantes, pero non fan que renunciemos a recuperar os 3 LDs que nos pertencen!