Os aplausos da Xerencia da Coruña aos sanitarios son negarlles os días libres

  • A Coruña

CIG-Saúde Coruña denuncia a denegación dos días de libranza de profesionais da área sanitaria de A Coruña-Cee.

Despois de meses frenéticos de loita contra a pandemia covid-19, onde esta área foi a que máis pacientes ingresados tivo e onde máis alta foi a carga asistencial, agora cando a presión asistencial baixa as/os profesionais non poden gozar das súas libranzas.

A Xerencia forzou a coller vacacións no verán para asegurar contar con persoal suficiente no outono ante posibles repuntes de COVID-19 pero agora denega días libres.

En atención primaria estamos ante un dos peores veráns, coas consultas saturadas e lista de espera por ter que facerse cargo das ausencias das/os compañeiras/os.

CIG-Saúde ven denunciando todos estes anos a política de recortes e de precariedade na contratación levada a cabo polo goberno do PP, con numerosos recortes tanto de dereitos, sen opción á conciliación, recortes de salario, permisos como de condicións laborais, plantillas escasas, alta carga asistencial, peche de unidades…

Esta situación repercute directamente na saúde da poboación, con consultas saturadas, listas de espera aumentadas, urxencias colapsadas...

A destrución do emprego e a precarización na contratación fixo que moitos profesionais optasen por emigrar ao rematar os estudos. O sergas non aprende e mantén as súas políticas de persoal, a xestión ruín da contratación.

CIG-Saúde Coruña esíxelle á Xerencia unha solución inmediata xa que non só periga a saúde dos profesionais non podendo facer uso das súas libranzas, senón tamén das pacientes xa que se hai un "posible repunte na hospitalización" no verán, de onde van saír as/os profesionais??

Volver