OS CONTRATOS ESTAN MÁIS DIRIXIDOS A AFORRAR QUE A EVITAR RISCOS, DEMOSTROUNO O COVID-19

PRECARIZOUSE TANTO A SANIDADE PÚBLICA QUE HAI FALTA DE PERSOAL.

  • Santiago

Dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago, lembran que temos obrigación de atender a todos os pacientes e de manter a limpeza, etc, etc. Máis parece ser que esquecen os recortes de persoal na sanidade o conlevou o aumento da temporalidade no emprego d@s profesionais con contratos precarios.

Pois ben, en CIG-Saúde Compostela, entendemos que nas semanas que levamos en estado de alarma, unha medida que non só era necesaria, senón que se tiña que ter tomado antes, era e é realizar contratos máis estables e non por días ou por acumulos de tarefas renovándolles cada quincena ou cada mes. Pois entendemos que hai que minimizar os riscos de contaxio, e polo tanto, non ter que poñer en risco a súa vida, a das súas familias e a das persoas que atenden.

Diante desta situación dende CIG-Saúde Compostela, nun escrito, formulamos a seguinte pregunta:

  • Cal é o motivo para non dar formación ao persoal das listaxes de contratación en protección de riscos laborais sobre o coronavirus?
  • Cal é o motivo para que os contratos sexan precarios e os profesionais estean cada día ou cada pouco tempo en servizos distintos?
  • Cal é o motivo para non facer contratos máis estables tanto en At. Primaria como nas unidades hospitalarias por mor do COVID-19?”
  • Data 30/03/2020 e nº rexistro 5267. Esperando resposta.

E por outra banda, na xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde, do día 03/04/2020, fixemos as seguintes preguntas:

  • Que tipos e duración de contratos están a realizar?
  • Motivo polo que non se realizan ata o remate da emerxencia sanitaria?
  • O persoal eventual ou persoal mobilizado doutras unidades con menos carga de traballo contan con quendas de traballo estable?”. !!!

@s profesionais asumen o enorme esforzo de xenerosidade e responsabilidade social que require a situación e que a Xerencia plántea, máis non é aceptable as súas condición de precariedade, que están máis dirixidos a aforrar que a evitar riscos.

A única comprensión e responsabilidade do SERGAS c@s profesionais eventuais, foi a de sacar unhas instrucións na que van a prorrogar os contratos das I.T. provocado polo virus COVID-19, a raiz da denuncia da CIG-Saúde.

Afortunadamente, sairemos desta situación e non será polos de arriba , senón polo traballo, o suor e as lágrimas de dor e impotencia das e dos de abaixo.

 

Saúde, compañeiros.

Volver