Os nosos permisos. Temos dereito ao seu desfrute.

No día de onte, xoves 9 de xuño, fixemos na entrada do HULA a 2ª concentración para exixir o dereito a desfrutar dos nosos permisos

  • Lugo
  • Sanidade Pública

No día de onte, xoves 9 de xuño, fixemos na entrada do HULA a 2ª concentración para exixir o dereito a desfrutar dos nosos permisos.

 

Reactivación "Programa Especial" xornada complementaria.

Dende última hora desa mesma mañá, volveuse a reactivar o Programa Especial para enfermeiras/os pola realización extraordinaria de xornada complementaria que se iniciara no nadal (debido a indispoñibilidade deste persoal).

 

Isto é probable que non solucione nin moito menos a total cobertura de todos os permisos solicitados, pero si temos unha opción máis antes da denegación dos días que nos pertencen por dereito.

 

Seguiremos loitando para que dende a xerencia coas súas respectivas direccións, fagan unha xestión eficaz dos recursos que garanta a conciliación das nosas vidas.


Coa CIG na rúa, a loita continúa!!!


Grazas polo voso esforzo.

Volver