Os que crearon o problema de falta de médicas/os, o “resolven” acurtando a formación dos MIR

A CIG-Saúde denuncia que a Consellaría de Sanidade remitiu unhasinstrucións que afectan as condicións laborais sen pasar pola Mesa Sectorial

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde, no mes de maio, ante a información de que a Consellería de Sanidade pretendía realizar encomendas parar que o persoal MIR de Medicina Familiar e Comunitaria e de Pediatría realizasen traballo asistencial, esixiu que se tratase o tema na Mesa Sectorial e se elaborase unha instrución regulando as condicións de traballo, responsabilidades, retribucións e como se ían valorar eses servizos prestados nos distintos procesos de selección.

Agora vemos como o SERGAS envía directamente aos centros estas instrucións, que non respectan a formación MIR e recollen modificacións das condicións laborais e salariais, sen negociar.

  • As instrucións non aclaran como se vai garantir a supervisión e que profesionais a asumirán nos ámbitos onde se desenvolva o traballo da encomenda.
  • Estas instrucións, non negociadas, invitan a vulnerar o pacto de contratacións, xa que deixan en mans das xerencias, que se poida ofertar as/os profesionais que aceptan estas encomendas contratos (sen definir tipo nin a duración) para cando acaben o período formativo.
  • Recollen que o tempo de encomenda poderá ser valorado para todos os procesos pero só no caso de que a encomenda se preste en atención primaria ordinaria.
  • Ofertan unhas retribucións que non se corresponden coas percibidas polos profesionais aos que substituirían. Descoñecemos como se realizou ese cálculo.

Durante a pandemia tamén se realizaron encomendas as/os MIR, pero a instrución recoñecía “as percepcións económicas da categoría profesional correspondente” así coma “promover a valoración dos servizos prestados na citada categoría/especialidade”.

O Conselleiro de Sanidade volve a faltar ao respecto á Mesa Sectorial, e xa non é a primeira nin a segunda vez!

CIG-Saúde esixe que se respecte o programa de formación de residentes e se retire esta encomenda de funcións.

Volver