Outro agravio comparativo máis

  • Ourense

Continúa a persecución desta Xerencia ao colectivo de celadores, continúa a discriminación entre categorías.  Os/As celadores/as do Complexo  Hospitalario de Ourense están a recibir notificacións a través do NOTIFICA.GAL da entrada en vigor dos novos protocolos de uso de material de protección (EPI).

 

    A sorpresa foi grande cando vemos que os/as únicos/as a recibila son estes/as compañeiros/as, e que pasa co resto? Os/As demáis non teñen que saber deses cambios?

 

    Que pretenden, culpabilizar aos/as compañeiros/as celadores/as da escasez de material, do mal uso do mesmo? Os/As demais fano tan ben que non necesitan coñecer o manexo axeitado dos famosos EPI.

 

    É curioso que en canto os/as traballadores/as se mobilizan, concéntranse e protestan, chegan os nosos xestores e, a modo de represalia, mandan esa notificación.  Divide e vencerás, esa é a máxima que a nosa Xerencia e as Direccións respectivas manteñen. Crear problemas de categorías onde non existían, parta tapar a súa nefasta xestión do material.

 

    Esta situación é un aviso para todos/as: aquele/ass que se queixen, que se ateñan as consecuencias...  Pero desde CIG-SAÚDE non estamos dispostos a tolerar estas situacións discriminatorias e intimidantes e seguiremos a animar a que os/as traballadores/as sigan a defender os seus dereitos da maneira que consideren máis axeitada, sempre dentro dos canles legalmente establecidos, e un deles é o dereito a reunirse.

Volver