PACs: Impugnación da instrución de 27 de xullo de 2022 de medidas urxentes ditada polo SERGAS

CIG-Saúde impugna a instrución por ser contraria a dereito

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

 

CIG-Saúde impugna a “instrución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde de data 27 de xullo de 2022 sobre medidas urxentes e excepcionais dirixidas a garantir a dispoñibilidade de persoal sanitario nos puntos de atención continuada” por ser contraria a dereito.

Para CIG-Saúde unha “instrución” non pode suspender dereitos dos empregados/as públicos e/ou a impor novas obrigas; unha “instrución” está dirixida a aplicar e desenvolver as normas, non a modificalas.

Pese que a “instrución” foi abordada en mesa sectorial, rexeitouse polos sindicatos, polo que foi imposta pola Dirección de RRHH do SERGAS.

CIG-Saúde entendemos que o SERGAS obviou a negociación colectiva.

Para CIG-Saúde as xustificacións argumentadas na “Instrución” sobre determinadas circunstancias “extraordinarias”, non constitúen razóns de forza maior que puideren habilitar “ás autoridades sanitarias” a facer unha suspensión transitoria de dereitos laborais mediante unha “instrución”.

CIG-Saúde esixe cese das políticas de recortes de dereitos e negociación das condicións de traballo actuais!!

Ler mais

Volver