Paso das Fundacións de Investigación Sanitaria a Fundacións públicas
- Institutos investigación
- Sanidade Pública
O mércores 22 de novembro fomos convocados por Función Pública a unha reunión co fin de trasladarnos a información sobre o proceso polo cal as Fundacións se integraban no sistema público. Esta reunión ven logo de reiteradas solicitudes por parte das persoas representantes dos/das traballadoras.
● Cando imos ser persoal público?
Dende o 1 de xaneiro do 2024. Os novos estatutos xa están aprobados polos padroados, ta só queda agora que faga o mesmo o Consello da Xunta. Solicitamos que estes se remitan de xeito formal aos representantes das persoas traballadoras e que poidan presentar alegacións aos artigos que afecten ao persoal.
● Como vai a afectar este cambio ás nosas condicións laborais:
O 1 de xaneiro seguimos a depender do convenio colectivo que temos negociado, o que está en vigor, pero durante o 2024 negociarase un novo convenio único como persoal laboral do Servizo Galego de Saúde, incorporando dereitos como os trienios ou a carreira profesional.
● Que imos ser entón?
A tódolos efectos somos persoal laboral puúblico da Xunta de Galicia adscrito ao Servizo Galego de Saúde.
● Que reclamamos dende os Comités?
1. Que se nos de traslado dunha relación de postos traballo coa categoría profesional e o vínculo xurídico co que se vai converter en persoal público.
2. Que se revise todo o proceso de estabilización.
3. Que a continuación de pasar a ser persoal público se abra un proceso de integración SERGAS como persoal estatutario
● Que pasa co Decreto de Persoal Investigador da Xunta de Galicia?
Entroulles agora a présa. Presentamos fai oito meses alegación sen obter resposta, nesta semana levamos dous borradores, pero sen resposta ás nosas alegacións.
Principalmente estamos a reclamar que persoal de investigación é todo o que participa en calquera dos niveis do proceso investigador, dende todo o persoal técnico de apoio ao persoal de xestión, ademáis dos xa contemplados como os R3 ou R4, polo que tamén estaría afectado por este decreto.