Persoal de PACs, medidas en materia de RRHH

Mesa sectorial 21 xullo. CIG-Saúde defende que as medidas propostas non son materia de negociación de Mesa Sectorial

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde defende que as medidas propostas son a resposta a unha situación de crise sanitaria e non son materia de negociación de Mesa Sectorial.

O SERGAS expón novamente as medidas, que para nós son penalizadoras de dereitos: suspensión de vacacións e permisos, extensión da xornada, modificación das carteleiras de traballo....etc.

CIG-Saúde entende que é responsabilidade da Administración sanitaria tomar as medidas necesarias para garantir a asistencia sanitaria, é a súa obriga facelo, pero ningunha medida en contra das traballadoras e traballadores vai contribuír a solucionar as causas que xeran os problemas actuais.

Defendemos que tiñamos que estar falando, dentro do Plan de Ordenación de RRHH de atención primaria, de medidas estruturais que teñan que ver co inmediato futuro.

Manifestamos a nosa preocupación porque se está trasladando á poboación que os/as responsables da situación son os/as profesionais de PACs e centros de saúde. E esiximos un posicionamento público de respaldo.

No documento presentado fan referencia a un estudio que está a realizar a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria no que determinarán as PRESENZAS MÍNIMAS de cada ámbito e os correspondentes protocolos de actuación. CIG-Saúde entende que os PACs xa funcionan sempre con presenzas mínimas polo que nos preocupa isto e solicitamos que se nos aclare que criterios van a seguir para establecer estas presenzas e con que finalidade.

O SERGAS da por rematado o tema e mandarán un documento UNILATERAL sobre estas medidas.

Ler mais

Volver