Por un convenio xusto na sanidade privada!!

Súmate ás mobilizacións

  • A Coruña
  • Convenios
  • Sanidade Privada

SITUACIÓN ACTUAL NA NEGOCIACIÓN DO CONVENIO

En decembro do 2022 comézase a negociar o actual convenio.

CIG, UGT e CCOO presentaron de xeito conxunto unha proposta dun novo convenio propoñendo reducir o total de horas de xornada anual, actualizar as táboas salariais e remunerar os domingos traballados, entre outras cousas.
A resposta da patronal foi poñer enriba da mesa a perda de dereitos nos trienios e a perda do salario que percibimos cando estamos de baixa.

Por que nos manifestamos?

Estamos a negociar un novo convenio que regule as nosas condicións de traballo. A patronal, os “donos da sanidade privada”, insiste en non querer mellorar as nosas condicións de traballo e incluso en quitarnos dereitos que xa tiñamos.

Que nos ofrecen?

Os donos da sanidade privada da provincia de A Coruña limítanse a subir ata o mínimo legal o salario dos que menos cobramos, e a cambio queren quitarnos o que cobramos por antigüidade ou que deixemos de cobrar o 100% en caso de baixa médica

Que pedimos nós?

Aumento salarial: acorde ao coste da vida. Temos salarios dos máis baixos do mundo laboral, algúns de nós por convenio cobramenos do salario mínimo legal.

Reducción da xornada anual: dentro do sector sanitario somos dos que máis horas anuais traballamos; máis que na provincia de Pontevedra, máis que no H. POVISA ou unhas 200 horas máis que no SERGAS.

Actualización dos permisos. Cobro dos festivos traballados.

 

 

 

Volver