Por un convenio xusto para as fundacións de investigación sanitaria
Denuncia da Plataforma Galega de Traballadores e Traballadoras de Investigación Sanitaria
- Institutos investigación
- Sanidade Pública
A Plataforma Galega de Traballadores e Traballadoras de Investigación Sanitaria, que representa aos comités de empresa da Fundación Biomédica Galiza Sur de Vigo, á Fundación Profesor Novoa Santos da Coruña e á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, vén de denunciar nunha rolda de prensa celebrada no día de hoxe ante os medios de comunicación, a indignante e ofensiva proposta salarial presentada polas Fundacións para o primeiro convenio colectivo do persoal investigador sanitario.
Con esta oferta, que chega máis de ano e medio despois de iniciarse as negociacións, parece que o único obxectivo é afondar na fuga de talento e imposibilitar que se realice investigación sanitaria no noso país, tan esencial nun momento como o que estamos a vivir.
Compre lembrar que este colectivo segue regulado polo Estatuto dos Traballadores e Traballadoras e por tanto sen unhas táboas salariais mínimas, sen estabilidade laboral e sen ter recoñecidos toda unha serie de dereitos e deberes que debería recoller o convenio colectivo.
Aquí podes ver a nova en Avantar.