Posicionamento de CIG-SAÚDE ante a folga do 19 de xuño

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

Diante da convocatoria de folga do día 19 de xuño do persoal facultativo de Atención Primaria e das informacións tendenciosas vertidas nos medios de comunicación usando á CIG para branquear as políticas da Consellería, CIG-SAÚDE quere manifestar o seguinte:

O noso máximo respecto e apoio á convocatoria de folga, animando polo tanto a participar porque a consideramos complementaria das nosas reivindicacións dentro do Consello técnico da atención primaria e que inclúen ao conxunto das categorías.

situación da atención primaria precisa dunha resposta seria e responsable por parte da administración e que satisfaga as necesidades tanto dos/as profesionais como da poboación.
Nesa liña entendemos que as medidas de presión son necesarias para promover o cambio nas políticas sanitarias da Consellería de Sanidade dirixido á defensa da dignidade da Atención Primaria.

Con este obxectivo e neste contexto de mobilización, CIG-SAÚDE apoia todas as mobilizacións na Atención Primaria, enmarcados na busca dunha solución global para toda a Atención Primaria e para todas as categorías.

CIG-SAÚDE comprométese a seguir defendendo unha Atención Primaria digna, para pacientes e profesionais, promovendo as mobilizacións que sexa preciso convocar e participando nos ámbitos de representación e negociación que nos corresponden como sindicato, coa forza que nos dan as traballadoras e traballadores.

Volver