Próxima publicación da apertura do prazo de elección de destino de OPE de diversas categorías
- Oposicións
- Sanidade Pública
Está previsto que o xoves 10 de novembro se publiquen no Diario Oficial de Galicia as resolucións polas que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:
- facultativo/a especialista de área,
- médico/a de admisión e documentación clínica,
- médico/a de urxencias e médico/a asistencial do 061,
- persoal sanitario de formación profesional ,
e iníciase o prazo para a elección de destino.
Adxúntanse os anexos coas plazas a ofertar.
Procedemento: A elección de destino realizarase a través do sistema de información Fides/expedient-e, efectuarase por orde de preferencia e requirirá a sinatura electrónica e presentación por rexistro electrónico.
Para o rexistro electrónico do formulario de selección requirirase un certificado dixital válido, expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre ou Camerfirma ou DNI electrónico.
Para máis información pode consultar a páxina web do Servizo Galego de Saúde Emprego público-OPE-Oferta pública de emprego, onde dispón de axudas sobre o procedemento de elección de destino vía telemática.
Tamén pode dirixirse ao enderezo de correo electrónico de: oposicions@sergas.es ou á Unidade de Validación da súa Área Sanitaria.