Próximas publicacións en DOG de OPE de varias categorías
- Oposicións
- Sanidade Pública
Luns, 18 de setembro:
- RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.
Martes, 26 de setembro resolucións de nomeamento de diversas categorías:
- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro), modificado por Resolución do 21 de decembro de 2020.
- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2021).
- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en farmacia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2021).
- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de cociñeiro/a, convocado por Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro).
- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de costureiro/a lavandeiro/a e pasador/a de ferro, convocado por Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).
- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a, convocado por Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).
- RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de telefonista, convocado por Resolución do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm.8, do 14 de xaneiro de 2021).
- RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a, convocado por Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).
- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, convocado por Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).
- RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de logopeda e terapeuta ocupacional, convocado por Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro).
- RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado por Resolución do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).