Previsión apertura prazo de inscrición nas listas de selección temporal de médico/a de HADO

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Infórmase que está previsto que o xoves, 8 de xullo se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se inicia o prazo de inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal médico de hospitalización a domicilio no ámbito das institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Para a primeira xeración de listas poderán presentarse as solicitudes desde o día seguinte ao de publicación desta resolución ata o 3 de setembro de 2021, ambas datas incluídas.

Volver