Previsión convocatoria acto de elección de destino de OPE de especialistas en enfermaría pediátrica
- Oposicións
- Sanidade Pública
Informan do SERGAS que está previsto que o xoves, 20 de maio se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se convoca para o acto de elección de destino aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o acceso á categoría de enfermeiro/a especialista en enfermería pediátrica.
O acto de elección, de carácter presencial, terá lugar o xoves, 27 de maio, ás 16.30 horas no Salón de Actos da Consellería de Sanidade en Santiago.