Previsión convocatoria do exame de OPE de PSX pola quenda de discapacidade intelectual

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Infórmase que está previsto que o mércores, 14 de abril se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se fixa o lugar, data e hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso á categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.

 

Os exames realizaranse no Pavillón 1 do Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, o sábado, 24 de abril ás 10.00 horas.

Volver