Previsión da toma de posesión de OPE de diversas categorías
- Oposicións
- Sanidade Pública
Infórmase que o luns, 7 de xuño publicaranse no Diario Oficial de Galicia as Resolucións de nomeamento dos/das aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:
- médico/a de familia,
- odontólogo/a de atención primaria,
- pediatra de atención primaria,
- persoal de servizos xerais,
- técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría,
- fisioterapeuta,
- enfermeiro/a especialista das especialidades de: enfermaría de saúde mental, enfermaría do traballo, enfermaría familiar e comunitaria e enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a).
O prazo de toma de posesión, de un mes de duración, iníciase o martes, 8 de xuño e finaliza o mércores, 7 de xullo.