Previsión de apertura do prazo de elección telemática de OPE

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Está previsto que o próximo martes, 30 de xuño, se publiquen no Diario Oficial de Galicia as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos polas que se aproba a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a, auxiliar administrativo e celador/a (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral), e se inicia o prazo para a elección de destino.

Por primeira vez, a elección de destino realizarase telematicamente, a través de Fides/expedient-e, conformes as bases de procedemento publicadas o pasado 5 de xuño. O prazo para efectuar a selección estará aberto desde o 1 de xullo ata o 14 de xullo, ambos incluídos.

Achégase, para o seu coñecemento, guía de axuda co procedemento a seguir para a selección de destinos por parte das persoas aspirantes, que se publicará tamén na páxina web do Servizo Galego de Saúde (sección de emprego público).

Proximamente publicarase a resolución pola que se abrirá o prazo para a selección de destinos dos aspirantes da categoría de celador/a, quenda de discapacidade intelectual, que contemplará algunha adaptación no procedemento de elección.

Volver