Previsión de publicación da carreira profesional 2020
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
Está previsto que o luns 30 de novembro de 2020 se publique no DOG a Resolución do 20 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o procedemento de acceso aos graos I a IV de carreira profesional correspondente á convocatoria do ano 2020. PDF
O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o 1 de decembro de 2020 e finalizará o 4 de xaneiro de 2021 (incluído).
Está previsto que se resolvan todas as solicitudes en maio de 2021 (como data límite o 4/5/2021), si ben os efectos dos recoñecementos serán do 1 de xaneiro de 2021.
Desde a DXRRHH enviarase a cada profesional un correo electrónico e un SMS informativo, e tamén se fará visible esta información en FIDES no apartado de "NOVAS" e "MIÑAS NOVAS".
Así mesmo estará dispoñible na páxina WEB da Consellería, a partir do día 1/12/2020, un documento con " Preguntas frecuentes Carreira Profesional 2020" e dúas presentacións informativas.