Previsión de publicación da resolución definitiva do concurso de traslados aberto e permanente

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

Infórmase que está previsto que o próximo mércores, 25 de novembro, se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2020 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

  • Prazo de cese no centro de orixe: primeiro día hábil, é dicir, o xoves 26 de novembro.
  • Prazos da toma de posesión:

    - No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.

    - Mesma área sanitaria (EOXI) e distinto centro: dentro dos 3 días hábiles seguintes á publicación.

    - Distinta área sanitaria:  dentro dos 15 días hábiles

    - Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes. Neste caso dispoñen de 3 días hábiles para o cesamento no centro de orixe.

Volver