Previsión de publicación da resolución provisional do concurso de traslados

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

Informan dende do SERGAS que está previsto que o xoves, 7 de outubro, se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as e excluidos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2021 do concurso de traslados aberto e permanente de todas as categorías convocadas.

 

Os/as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación, para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais. Este prazo finalizará o 29 de outubro.

Volver