Previsión de publicación das convocatorias da OPE de estabilidade

Información da mesa sectorial

  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O SERGAS informa de que, en cumprimento da Lei 20/2021 de estabilidade, o 23/12/2022 vaise publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) un Anuncio informando de que antes do 31/12/202 estarán publicadas na páxina web do SERGAS todas as convocatorias de concurso-oposición e concurso de méritos da OPE de estabilidade.

Posteriormente, esas mesmas convocatorias publicaranse no DOG:

• O día 04/01/2023 publicaranse as convocatorias do concurso-oposición.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 9 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2023.
  • Os méritos a valorar serán os causados ata o 03/01/2023.


• O día 05/01/2023 publicaranse as convocatorias do concurso de méritos.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 16 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2023.
  • Os méritos a valorar serán os causados ata o 04/01/2023.

Máis información.

Volver