Previsión de publicación de convocatorias de OPE

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Información chegada do SERGAS

Mércores, 30 de xuño:

Convocatoria de concurso-oposición para o acceso ás especialidades médicas de:

  • Cirurxía Oral e Maxilofacial
  • Cirurxía Pediátrica
  • Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora
  • Inmunoloxía
  • Oncoloxía Radioterápica

O prazo de inscrición iniciarase o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de agosto.

Luns, 5 de xullo: 

Convocatorias de concurso-oposición para o acceso ás categorías de:

  • calefactor/a
  • condutor/a
  • costureiro/a
  • electricista
  • fontaneiro/a
  • lavandeiro/a
  • mecánico/a
  • pasador/a de ferro
  • técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
  • técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
  • técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
  • traballador/a social

O prazo de inscrición iniciarase o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de agosto.

Volver