Previsión de publicación de listas de contratacións

Listas provisionais de diversas categorías

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Infórmase que está previsto que o martes, 2 de xuño se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de:

  • enfermeiro/a,
  • enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica,
  • médico/a de familia,
  • médico/a de urxencias hospitalarias,
  • pediatra de atención primaria,
  • persoal de servizos xerais.

Volver