Previsión de publicación de OPE
- Oposicións
- Sanidade Pública
Informan do SERGAS que o martes, 26 de abril publicarase no Diario Oficial de Galicia o lugar, data e hora de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o acceso ás categorías de:
- calefactor/a,
- cociñeiro/a,
- condutor/a,
- electricista,
- lavandeiro/a,
- logopeda,
- mecánico/a,
- pasador/a de ferro,
- pinche (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral),
- técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información,
- técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información,
- técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información,
- telefonista,
- terapeuta ocupacional
- traballador/a social
Como aspectos máis destacados:
- A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas efectuarase a través de código QR, que o/a aspirante terá á súa disposición en Fides/expedient-e, desde a data da publicación en DOG, e que deberá levar impreso o día do exame. Non se efectuará chamamento individualizado dos/das aspirantes.
- Así mesmo, cada aspirante terá asignado un número de posto de exame (mesa), que deberá ocupar para a realización das probas, e que se anticipará a efectos informativos desde o 26 de abril na páxina web do Sergas, ademais de formar parte da información contida no código QR.
- Non está permitido o acceso das persoas aspirantes ao interior do recinto de realización das probas con teléfonos móbiles nin ningún outro dispositivo con soporte de memoria.