Previsión de publicación plantilla definitiva do exame de OPE de PSX pola quenda de discapacidade intelectual

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Infórmannos dende o SERGAS que está previsto que o venres, 18 de xuño se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se dá publicidade ao modelo definitivo de respostas e ás puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

 

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de 5 días hábiles seguintes a esta publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

Volver