Previsión de publicacións de OPE e Concurso de traslados

Publicacións previstas para primeiros de xuño

  • Concurso de traslados
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

  • Xoves, 4 de xuño:

Relación provisional de admitidos/as e excluidos/as e oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2020 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

  • Venres, 5 de xuño:

Bases do procedemento telemático de elección de destino, a través de Fides/expedient-e, nos procesos de selección fixa convocados polo Servizo Galego de Saúde.

  • Luns, 8 de xuño:

Relación definitiva de admitidos/as e excluidos/as no concurso oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Volver