Previsión de publicacións de OPE
- Oposicións
- Sanidade Pública
Infórmase das seguintes publicacións no Diario Oficial de Galicia, relativas a procesos de selección fixa:
Martes, 14 de xullo:
Publicación da plantilla definitiva de respostas e puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso ás categorías de:
- médico/a de familia,
- odontólogo/a de atención primaria,
- pediatra de atención primaria,
- persoal de servizos xerais,
- técnico/a en coidados auxiliares de enfermería,
- fisioterapeuta,
- enfermeiro/a especialista nas especialidades de enfermería de saúde mental, enfermería do traballo, enfermería familiar e comunitaria, enfermería obstétrico-xinecolóxica e enfermería pediátrica.
Mércores, 15 de xullo:
Publicación da relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e apertura dun prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao desta publicación para a elección de destino.