Previsión do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2020
Acordado na mesa sectorial do 13 de novembro
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
Na Mesa Sectorial de hoxe 13 de novembro acordouse a resolución do concurso de traslados do ano 2020 coas seguintes medidas excepcionais:
- Incorporación ao destino adxudicado ao día seguinte ao cesamento, demorándose o desfrute do prazo posesorio correspondente en función das necesidades asistenciais, salvo que as xerencias permitan o seu desfrute total ou parcial.
- En casos excepcionais poderase demorar de forma motivada o cesamento no centro de orixe, durante o estado de alarma, con efectos administrativos do 1º día do prazo de posesión.
- Medida excepcional de mobilidade xeográfica.
Está prevista a publicación da Resolución definitiva na ultima semana de novembro.