Previsión OPE. Listas definitivas da fase de concurso

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Infórmase que está previsto que o mércores, 24 de febreiro, se publiquen no Diario Oficial de Galicia as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as nos procesos selectivos para o acceso ás categorías de:

  • médico/a de familia
  • odontólogo/a de atención primaria
  • pediatra de atención primaria
  • enfermeiro/a especialista: de enfermería de saúde mental, enfermería do traballo, enfermería familiar e comunitaria, matrón/a e enfermería pediátrica
  • fisioterapeuta
  • PSX (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral)
  • técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

Os/as aspirantes seleccionados/as disporán do prazo de un mes, desde o 25 de febreiro ata o 24 de marzo, ambos incluídos, para a presentación da documentación preceptiva exixida polas bases da convocatoria. Tal documentación deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Volver