Previsión publicación de persoas aspirantes admitidas e excluídas no concurso de méritos das categorías de enfermeiro/a e médico/a de familia de atención primaria

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O SERGAS informa que está previsto publicar no Diario Oficial de Galicia na semana do 13 de marzo, as resolucións polas que se declaran con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos para o ingreso na categoría de enfermeiro/a e na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado por Resolucións do 26 de decembro de 2022.

Volver