Previsión publicación listas de contratación

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

INFORMACIÓN CHEGADA DO SERGAS

Infórmase que está previsto que o mércores, 29 de abril se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se dá publicidade ás puntuacións definitivas do proceso de actualización das listas de selección temporal das seguintes categorías:
- albanel
- carpinteiro/a
- celador/a
- cociñeiro/a
- costureiro/a
- grupo auxiliar da función administrativa
- lavandeiro/a
- pasador/a de ferro
- perruqueiro/a
- pinche
- telefonista

As novas listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da súa publicación.

Volver