Previsión publicación listas de selección temporal

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Informan dende o SERGAS que está previsto que o xoves, 17 de xuño, se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se aproban as puntuacións definitivas do proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de:

  • facultativo/a especialista de área de medicina do traballo
  • facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica
  • farmacéutico/a de atención primaria
  • fisioterapeuta
  • logopeda
  • médico/a asistencial do 061
  • médico/a coordinador/a do 061
  • odontólogo/a de atención primaria
  • pinche
  • terapeuta ocupacional
  • traballador/a social

As novas listas entrarán en vigor a efectos de chamamentos a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Volver