Previsión publicacións DOG dos diferentes procesos
Mesa sectorial 30 de decembro 2022
- Concurso de traslados
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
OPE
Luns 2 de xaneiro: Resolucións relativas á publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo (OPE) para o ingreso nas categoría de:
- FEA de cirurxía oral e maxilofacial
- FEA de cirurxía pediátrica
- FEA de cirurxía plástica, estética e reparadora
- FEA de inmunoloxía
- FEA oncoloxía radioterápica
Mércores 4 de xaneiro: Publicación das convocatorias de concurso-oposición da OPE de estabilidade.
Xoves 5 de xaneiro: Publicación das convocatorias de concurso de méritos da OPE de estabilidade.
Luns 9 de xaneiro: Publicación da resolución ampliando o número de prazas da convocatoria de concurso-oposición de enfermeiro/a.
- O prazo de presentación de solicitudes será do 9 ao 27 de xaneiro de 2023.
Mércores 11 de xaneiro: Resolucións relativas á publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo (OPE) para o ingreso nas categoría de:
- calefactor/a
- cociñeiro/a
- conductor/a
- costureiro/a
- electricista
- fontaneiro/a
- lavandeiro/a
- logopeda
- mecánico/a
- pasador/a de ferro
- pinche
- pinche (discapacidade intelectual)
- técnico en farmacia (discapacidade intelectual)
- técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
- técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
- técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
- telefonista
- terapeuta ocupacional
- traballador/a social
Luns 16 de xaneiro: Publicación das convocatorias do concurso de méritos do persoal investigador da OPE de estabilidade.
Concurso de traslados aberto e permanente( CTAP)
No mes de xaneiro publicarase a incorporación no CTAP das categorías de enfermeiro/a especialista en:
- enfermaría familiar e comunitaria,
- enfermaría pediátrica
- enfermaría do traballo
De forma excepcional e só para estas categorías, poderán inscribirse ata o 15 de febreiro de 2023 para o ciclo de adxudicación do ano 2023.
Listas de selección temporal
Xoves 12 de xaneiro:
- Listas provisionais de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas de enxeñeiro/a superior biomédico/a.
- Listas provisionais de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas de técnico/a superior en ciencias da información.
No mes de xaneiro, pendente de data:
- Listas provisionais de baremación de TCAE, Enfermeiro/a, e Enfermeiro/a do 061.
Novas Relacionadas
Últimas novas