Previsións concurso de traslados 2026

  • Concurso de traslados
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Na mesa sectorial do 29 de xullo de 2026 tratáronse as alegacións ao cadro de prazas ofertadas no CTAP do ano 2026.

Acordouse eliminar da oferta as prazas de enfermeira/o e enfermeira/o especialista con perfil de ESAD en tanto non se definan na mesa sectorial as condicións laborais e retributivas destes postos.

A primeiros de agosto publicarase o listado de persoas admitidas e excluídas no CTAP deste ano 2026.

Na última semana de agosto publicarase o cadro de prazas ofertadas e abrirase un prazo de 15 días para a modificación no FIDES das solicitudes de prazas.

CIG-Saúde denunciou o abuso das xerencias na transformación das prazas fixas en quendas deslizantes, para a asignación de quendas de forma arbitraria por parte da Administración.

Volver