
Previsións datas OPE
Información chegada do SERGAS
- Oposicións
- Sanidade Pública
Infórmase das datas e lugar de celebración dos exercicios da fase de oposición para o acceso á categoría de celador/a:
- Sábado, 9 de marzo: Quenda de discapacidade intelectual (1º exercicio)
- Domingo, 10 de marzo: Quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral (1º-2º e 3º exercicio)
En ambos supostos, os exercicios desenvolveranse no Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda).
Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fai público o horario de inicio das probas desta categoría e as portas de acceso dos/das aspirantes.
Mantense a previsión de datas de exame, anunciadas na web, para as categorías de grupo auxiliar da función administrativa e enfermeiro/a:
- Grupo auxiliar da función administrativa: 7 de abril
- Enfermeiro/a: 12 de maio
Novas Relacionadas
Últimas novas