Previsións de publicación no SERGAS
OPE, concurso de traslados e listas de selección temporal
- Concurso de traslados
- Oposicións
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
O SERGAS informa de que esta semana publicaranse no DOG as seguintes resolucións dos distintos procesos de selección e provisión.
OPE
Mércores, 12 de xullo de 2023
- RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se convoca proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.
Xoves, 13 de xullo de 2023
-RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos e se publican as puntuacións provisionais para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.
Venres 14 de xullo de 2023
-RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e se inicia o prazo para a elección de destino.
RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en farmacia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e se inicia o prazo para a elección de destino.
-RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución do 4 de maio de 2023.
-RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.
-RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.
CONCURSO DE TRASLADOS ABERTO E PERMANENTE
Xoves, 13 de xullo de 2023
-RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se modifica a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2023 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
- Médica/o de urxencias hospitalarias
- FEA nas especialidades de: cirurxía xeral e aparello dixestivo, medicina interna, psiquiatría e radiodiagnóstico.
LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL
Xoves 13 de xullo de 2023
-RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
- Albanel
- Calefactor/a
- Carpinteiro/a
- Condutor/a
- Costureiro/a
- Electricista
- Enxeñeiro/a técnico/a
- Fontaneiro/a
- Grupo de xestión da función administrativa
- Grupo técnico da función administrativa
- Lavandeiro/a
- Mecánico/a
- Pasador/a de ferro
- Perruqueiro/a
- Técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais
- Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
- Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
- Técnico/a superior en prevención de riscos laborais
- Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
- Telefonista