Previsións do SERGAS de publicacións en xuño de provisión fixa e selección de prazas de persoal estatutario
- Oposicións
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
O SERGAS envía hoxe a seguinte información en canto á previsión de publicación en DOG neste mes de xuño:
1- Lista provisional de admitidos/as e excluidos/as e oferta de prazas no ciclo 2024 do concurso de traslados aberto e permanente.
2- Apertura do prazo de inscripción no concurso de traslados aberto e permanente na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.
3- Resolución de notas definitivas e finalización da fase de oposición para as categorías que realizaron os exames nos meses de febreiro e marzo deste ano:
- Persoal sanitario facultativo: Facultativo/a especialista de área nas especialidades de Alergoloxía, Anatomía Patolóxica, Anestesioloxía e Reanimación, Anxioloxía e Cirurxía Vascular, Aparello Dixestivo, Cardioloxía, Cirurxía Cardiovascular, Cirurxía Oral e Maxilofacial, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora, Cirurxía Torácica, Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo, Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía, Endocrinoloxía e Nutrición, Hematoloxía e Hemoterapia, Medicina Física e Rehabilitación, Medicina Intensiva, Medicina Interna, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Microbioloxía e Parasitoloxía, Nefroloxía, Neurocirurxía, Neuroloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía Médica, Otorrinolaringoloxía, Pediatría e as súas áreas específicas, Pneumoloxía, Psicoloxía Clínica, Psiquiatría, Radiodiagnóstico, Reumatoloxía, Uroloxía, Xeriatría, e nas categorías de odontólogo/a de atención primaria, médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a asistencial do 061 e médico/a coordinador do 061.
- Persoal sanitario non facultativo: Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), enfermeiro/a especialista en saúde mental, enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
- Persoal de xestión e servizos: Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, enxeñeiro/a técnico/a, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, grupo auxiliar da función administrativa e celador/a.
4-Baremación provisional no concurso oposición da categoría de enfermería.
5- Lista definitiva de persoas admitidas e baremación provisional no concurso de méritos de diversas categorías de persoal estatutario (categorías de licenciado sanitario, diplomados e técnico/as sanitarios, persoal de xestión e oficios)
6- Adxudicación de destinos no concurso de méritos das categorías de Persoal de servizos xerais e Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería (Publicación na web do listado informativo). Está previsto que o nomeamento e a toma de posesión se realice despois do verán.
7- Resolución provisional de baremación no concurso de méritos convocado por RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2023 na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental
Con respecto aos procesos de selección temporal, mantense a previsión de publicación de listas adiantada ás organizacións sindicais na reunión da Comisión Central de Seguimento do Pacto do pasado mes de maio.