Previsións OPE e concurso de traslados

Información remitida polo SERGAS

  • Concurso de traslados
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Martes, 8 de setembro:

Resolución pola que se aproban as puntuacións definitivas e se declara finalizada a fase de oposición do proceso selectivo para o acceso ás categorías de:

  • médico/a de familia,
  • odontólogo/a de atención primaria,
  • pediatra de atención primaria,
  • fisioterapeuta,
  • enfermería familiar e comunitaria,
  • enfermería pediátrica,
  • enfermería do traballo,
  • enfermería de saúde mental,
  • matrón/a,
  • técnico/a en coidados auxiliares de enfermería
  • persoal de servizos xerais.

 

Xoves, 17 de setembro:

Resolución de nomeamento dos/das aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o acceso ás categorías de:

  • celador/a,
  • enfermeiro/a
  • grupo auxiliar da función administrativa

Apertura do prazo dun mes para a toma de posesión, que iniciará a partir do día seguinte ao desta publicación.

 

Segunda quincena mes de setembro

Así mesmo, adiántase que está previsto que se publiquen as puntuacións provisionais e adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados aberto e permanente correspondente ao ano 2020. Confirmarase nos próximos días a data de publicación.

Volver