Primeira convocatoria do curso de prescrición enfermeira
- AgEnfermeira
- Formación
- Sanidade Pública
O SERGAS publica no D.O.G. do 15 de novembro de 2021 a primeira convocatoria de inscrición no curso de adaptación para acadar a certificación dos e das enfermeiras para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano.
PERSOAS DESTINATARIAS DO CURSO DE ADAPTACIÓN
- Para enfermería de coidados xerais e especializados sen experiencia previa acreditada de un ano.
PERÍODO DE INSCRICIÓN
- 15 días naturais: do 16 ao 30 de novembro de 2021.
PRÓXIMAS CONVOCATORIAS
- Publicaranse na páxina web do SERGAS e da ACIS, con carácter TRIMESTRAL.
INSCRICIÓN
O formulario de inscrición estará dispoñible na web da ACIS https://acis.sergas.gal, menú “Formación continuada”, e epígrafe “O meu perfil”.
Para acceder dende fóra da rede do SERGAS será necesario certificado dixital ou Chave365.
No buscador de actividades deben localizar o curso “Acreditación das/dos enfermeiras/os para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano. Código 218819”, abrir a ficha técnica e acceder ao formulario de inscrición.
CURSO DE ADAPTACIÓN
- Será gratuíto.
- Modalidade do curso: autoformación.
- Duración: 15 horas.