Principios básicos da negociación da retribución da Dedicación Exclusiva á Sanidade Pública
A dedicación exclusiva é boa para o sistema sanitario público, e debe ser mantida e potenciada
- Sanidade Pública
Para CIG-Saúde estes son os 10 principios da negociación:
1.- A dedicación exclusiva é boa para o sistema sanitario público e debe ser mantida e potenciada.
2.- Ata 1991 o COMPLEMENTO ESPECÍFICO agrupaba, ademais da dedicación exclusiva, outros conceptos tales como a penosidade, a especial dificultade técnica ou a especial responsabilidade.
3.- En acordos da Mesa Sectorial se instauraron novos conceptos retributivos denominados de “penosidade, responsabilidade y dificultade”, (PRD), en 1991, que retribúe tales circunstancias, e “complemento de produtividade fixa” en 2003, destinado a remunerar a mellora e modernización dos servizos sanitarios públicos de Galiza.
4.- Así, o COMPLEMENTO ESPECÍFICO converteuse nun complemento que retribúe unicamente a dedicación exclusiva, xa que o resto de conceptos (penosidade, responsabilidade, dificultade…) se agruparon nos novos complementos, (PRD e produtividade fixa).
5.- A modificación do actual sistema de retribución da dedicación exclusiva, debe facerse dun xeito negociado e pactado na Mesa Sectorial.
6.- O marco da negociación desta modificación debe ser o da negociación da equiparación do COMPLEMENTO ESPECIFICO co persoal da Xunta de Galiza e da suba ao NIVEL 26 do persoal facultativo.
7.- A nova forma de retribuír a dedicación exclusiva que se estableza, deberá retribuír, aos profesionais que opten por ela, o seu compromiso de só traballar na sanidade publica.
8.- A negociación da modificación do actual réxime de retribución da dedicación exclusiva, en ningún caso poderá supoñer unha redución das actuais retribucións directamente ligadas á dedicación exclusiva.
9.- Calquera incremento retributivo que, nesa negociación, acaden os profesionais que non teñan dedicación exclusiva debe ir acompañada dun incremento retributivo cando menos similar para os profesionais que opten pola dedicación exclusiva.
10.- A esixencia da dedicación exclusiva debe ser un requisito para acceder a postos de xefatura e coordinación nos servizos sanitarios públicos.