Programa de transición xeracional do persoal Facultativo Especialista de Área
      Publicado hoxe en DOG
  
  
  
    
- AgMédica
- Sanidade Pública
CIG-Saúde denuncia a aprobación e publicación hoxe en DOG desta medida do SERGAS unilateral que non tivo o respaldo na Mesa Sectorial de ningunha organización:
- CIG-Saúde entende que se é necesario contratar persoal a maiores, fora do cadro de persoal, para garantir a cobertura das xubilacións, isto hai que facelo respectando o pacto de selección temporal.
- Para CIG-Saúde este programa vulnera o pacto de selección temporal de Facultativos/as especialistas en atención hospitalaria, e esixe que os nomeamentos se oferten polas listas de contratación, abrindo un prazo excepcional para que se anoten os residentes que rematan.
Para ler mais pincha aqui.
A publicación hoxe do DOG recolle:
O persoal residente en formación que, consonte o disposto no punto primeiro anterior, sexa destinatario do Programa temporal para a transición xeracional e pretenda acceder a algún dos nomeamentos temporais de tres anos de duración previstos no anexo I, poderá presentar a súa solicitude no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Deberá presentarse unha única solicitude, en modelo normalizado e a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/Transición xeracional).
Os/as participantes poderán solicitar, por orde de preferencia, calquera das áreas sanitarias –de ser o caso distritos– en que, en execución do programa, se incorporará persoal temporal da súa especialidade (ver anexo I).
A solicitude dirixirase necesariamente á unidade de validación da institución hospitalaria do Servizo Galego de Saúde en que o/a residente finalice o seu período de residencia e presentarase polo rexistro electrónico
A presentación dunha solicitude non resultará vinculante para a persoa solicitante, a cal poderá rexeitar o concreto nomeamento de tres anos de duración que lle sexa finalmente ofertado en execución do programa.
Cando, polo número de solicitudes presentadas e as preferencias manifestadas nelas, sexa preciso aplicar unha prelación para que o novo persoal especialista acceda aos nomeamentos temporais do programa, a orde virá determinada pola puntuación que resulte do baremo que establece o anexo II desta resolución.
Os méritos relativos á formación universitaria (grao e posgrao), ao coñecemento do idioma galego e á avaliación final do período de residencia deberán estar acreditados documentalmente pola persoa interesada, e debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e, o último día de presentación de solicitudes.
Non será necesaria a acreditación documental do mérito correspondente á continuidade asistencial.
| Área Sanitaria | Especialidade | Distrito | Total | 
| A Coruña e Cee | Cardioloxía | 1 | |
| Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía | 1 | ||
| Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía | 1 | ||
| Hematoloxía e Hemoterapia | 1 | ||
| Medicina Interna | 1 | ||
| Nefroloxía | 1 | ||
| Pneumoloxía | 1 | ||
| Radiodiagnóstico | 2 | ||
| Total A Coruña e Cee | 9 | ||
| Ferrol | Endocrinoloxía e Nutrición | 1 | |
| Hematoloxía e Hemoterapia | 1 | ||
| Medicina Intensiva | 2 | ||
| Medicina Interna | 1 | ||
| Pneumoloxía | 1 | ||
| Psiquiatría | 1 | ||
| Total Ferrol | 7 | ||
| Santiago de Compostela e Barbanza | Anatomía Patolóxica | 1 | |
| Aparello Dixestivo | 1 | ||
| Cirurxía Pediátrica | 1 | ||
| Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo | 1 | ||
| Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía | 1 | ||
| Microbioloxía e Parasitoloxía | 1 | ||
| Oftalmoloxía | 1 | ||
| Otorrinolaringoloxía | 1 | ||
| Uroloxía | 1 | ||
| Total Santiago de Compostela e Barbanza | 9 | ||
| Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | Anxioloxía e Cirurxía Vascular | 1 | |
| Aparello Dixestivo | 1 | ||
| Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía | 2 | ||
| Nefroloxía | 1 | ||
| Anestesioloxía e Reanimación | A Mariña | 1 | |
| Cardioloxía | A Mariña | 1 | |
| Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo | A Mariña | 1 | |
| Obstetricia e Xinecoloxía | A Mariña | 1 | |
| Total Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 9 | ||
| Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | Anestesioloxía e Reanimación | 2 | |
| Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía | 2 | ||
| Medicina Interna | 2 | ||
| Radiodiagnóstico | 2 | ||
| Psiquiatría | Ourense-Verín | 1 | |
| Total Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 9 | ||
| Pontevedra e O Salnés | Anestesioloxía e Reanimación | 2 | |
| Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía | 1 | ||
| Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo | 1 | ||
| Medicina Física e Rehabilitación | 1 | ||
| Medicina Interna | 1 | ||
| Microbioloxía e Parasitoloxía | 1 | ||
| Uroloxía | 1 | ||
| Total Pontevedra e O Salnés | 8 | ||
| Vigo | Anestesioloxía e Reanimación | 2 | |
| Aparello Dixestivo | 1 | ||
| Medicina Interna | 2 | ||
| Psiquiatría | 2 | ||
| Radiodiagnóstico | 2 | ||
| Total Vigo | 9 | ||
| Total | 60 | ||
Novas Relacionadas
Últimas novas
 
			 
			 
       
       
       
       
       
       
       
       
       
      