Programa de transición xeracional do persoal Facultativo Especialista de Área
- Sanidade Pública
Programa de transición xeracional do persoal Facultativo Especialista de Área (FEA), dirixido ao novo persoal especialista.
• CIG-Saúde entende que se é necesario contratar persoal a maiores, fora do cadro de persoal, para garantir a cobertura das xubilacións, isto hai que facelo respectando o pacto de selección temporal.
• Para CIG-Saúde este programa vulnera o pacto de selección temporal de Facultativos/as especialistas en atención hospitalaria, e esixe que os nomeamentos se oferten polas listas de contratación, abrindo un prazo excepcional para que se anoten os residentes que rematan.
Nos próximos cinco anos, un colectivo próximo aos 300 profesionais FEAs cumpriran os 70 anos, a este colectivo, que supón cerca do 6 % do persoal FEA que está a traballar actualmente, haberá que engadir aquel que opte por xubilarse cunha menor idade.
O SERGAS presenta un programa para “ser proactivo na retención de persoal residente que está a finalizar o seu período de formación, ofertándolle de modo inmediato nomeamentos temporais cunha duración de varios anos que lle outorguen estabilidade no emprego e permitan afrontar no futuro próximo a renovación dos cadros de persoal.”
O programa consiste na contratación de 60 MIR, que rematan este ano a súa formación, saltándose as listas de contratación e cun baremo onde un dos apartados é ter feito a formación MIR na mesma área sanitaria onde se contrata.
Na presentación do plan o SERGAS di que se fai en categorías onde vai haber un alto número de xubilacións e que a medida se enfoca para reter o persoal en formación que remata. Pero na realidade, pese a solicitalo, non presentan os datos de xubilacións nin as xustificacións das prazas a ofertar.
O SERGAS sacará adiante este programa sen negociación nin apoio sindical