Programación OPE concurso- oposición

  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O SERGAS presenta o calendario de programación dos exames de oposición, sen marxe para ningún cambio.

Confirman que van resolver os concursos de méritos da OPE de estabilidade antes da realización dos exames de oposición.

  • Con respecto ao concurso de méritos de enfermeiro/a indican que teñen intención de telo rematado a finais de maio – primeiros de xuño.
  • O resto de categorías, terán rematado o concurso de méritos antes de novembro.

CIG-Saúde solicitamos o retraso do exame de oposición da categoría de enfermeiro/a ata despois do verán por varias razóns:

  • Estamos a falar dunha categoría deficitaria, e que na 2ª quincena de xuño atopámonos en período ordinario de vacacións.
  • Podería supoñer a denegación de vacacións nese período.
  • O propio SERGAS en mesas sectoriais anteriores confirmara o retraso ata despois do verán.
  • Espazo de tempo entre o concurso de méritos e o exame de oposición de poucas semanas que non impide ter que preparar os exames.

CIG-Saúde preguntamos pola previsión de datas de resolución da OPE que está en curso e que se atopa na fase de concurso (FEAS, mantemento, pinches, informática....).

  • Dixeron que están con reunións dos tribunais e que nos enviarán un cronograma recollendo todos os prazos ata a toma de posesión tan pronto poidan.

CIG-Saúde solicitamos que se flexibilice dalgunha maneira este ano para que as persoas que tomaron posesión no 2022 e as que están pendentes no 2023, que poidan acceder no concurso de traslados ás prazas de estabilidade.

 

Volver